quarta-feira, 6 de fevereiro de 2013

Imos concretando novas datas




Como xa anunciamos neste blogue estaremos o 29 de marzo no pub Gatos de Melide e xa confirmamos o noso primeiro festival no verán: será o Ponte Louco de Castro Caldelas, o día 10 de agosto. O Ponte Louco é un festival feito con moito esforzo e que xa leva anos bourando e turrando pola música galega, para nós é unha honra que sexamos o primeiro grupo co que contan xa para esta edición. A ver se non defraudamos. Esperamos vervos en ambas citas a pé do cañón.

Tamén este 2013 será o ano en que gravemos o noso primeiro disco, pouco a pouco iremos concretando os detalles e agardamos que sexa do voso agrado. Desde a Serra do Faro, matanza eta filloak!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Translate

E ti saes do clube?