terça-feira, 18 de dezembro de 2012

NADAL DE MARRAO




Coa chegada do Nadal, Liviao de Marrao lanza unha campaña para recadar fondos até do día 6 de xaneiro, co gallo de gravarmos o noso primeiro disco e rodar o noso primeiro video-clip. En próximos días iremos actualizando información nas redes sociais e coñeceredes cal é o premio das rifas que vimos de pór en circulación: chourizos, salchichón, cachucha... e outros produtos dos camaradas que caeron neste nefasto mes de decembro. 

Por só dous euros cada rifa podedes colaborar no proxecto Liviao de Marrao, un colectivo aberto para a música protesta dos mozos mentais de todas as idades. Os beneficios da recaudación irán destinados, como xa dixemos, a un proxecto audiovisual totalmente autofinanciado por Liviao de Marrao (e que terá como base o noso tema "Narco-corrido" que conta os sucesos tráxicos acontecidos nas parroquias de Nogueira e Ervedeiro no ano 1931) e tamén esperamos poder contar coa colaboración suficiente para darmos xuntado para o noso primeiro disco.

Poderedes estar ao tanto de todo na nosa páxina web http://liviaodemarrao.wix.com/portada e a través da nosa presenza en Twitter (@LiviaodeMarrao) e Facebook, onde temos páxina e perfil.

Graciñas por colaborar connosco e bo Nadal a tod@s os marrãozinhos: MATANÇA ETA FILHOAK!



Se queres reservar rifas contacta con nós a través das redes sociais. Tamén poremos ao voso dispor diferentes pontos de venda. 


Translate

E ti saes do clube?